O Libro do Courel leva varios meses na rúa, atopando amigos por cada lugar que pasa. Gracias á boa acollida entre as xentes amantes desta comarca luguesa, xa vai pola Segunda Edición e continúa adiante polos fermosos camiños do mundo.
Esta entrada no blog quere ser un pequeno resumo visual de diversos encontros do libro co público. E tamén, é unha boa plataforma para agradecer, como autora desta obra, o acompañamento constante das xentes de ben que sempre están ó meu carón: a miña editora Edurne Baines da Editorial Belagua en lugar principal, a miña familia, os bos amigos que nos axudan cada día e os lectores.
Infinitas gracias…
Juan Vázquez, amigo de O Carballal, un dos protagonistas |
Compartindo conversa con Uxío Novoneyra na casa do poeta do Courel |
Juan de Vilar, outro dos grandes protagonistas do libro, na Cova da Moura en Vilamor do Courel |
No escritorio de Uxío Novoneyra na Presentación oficial do Libro nun acto organizado pola Excma. Deputación de Lugo |
Presentación na Festa da Pisa da Castaña, Froxán (O Courel) |
Con Carmen e Evaristo, grandes apoios para levar O Libro do Courel ó éxito |
Firmando un exemplar en Froxán |
Presentación na Coruña |
Edurne Baines, editora de O Libro do Courel (Editorial Belagua) e a autora |
Edurne Baines e a autora na Galería Sargadelos de Lugo |
Conversas cos lectores |
Sonia García, autora do libro
|
O Courel non remata nunca, e nós seguimos en ruta.