Tres Pesos é un grupo de música tradicional de Galicia. Os seus temas son atemporais e tanto sonan a onte como a hoxe.
Felisa Segade, Estevo Lamas e José A. Ferreira (Pepe de Calo), conseguen coas súas voces, mailo acordeón, a gaita, o clarinete e un mundo de percusións, que sintamos alegría, ganas de festa e boas vibracións. Pero tamén, unha boa dose de morriña, sentimento e emoción.
Estiveron hai uns días no Bar Art A Cova da Moura, en Vilamor do Courel, deixando unha chea de amigos nestas terras nosas da montaña e espallando o seu bo facer por toda Galicia cos forasteiros que tamén enchían o máxico local.
Deixo aquí unha escolma de fotografías que lles fixen durante a súa actuación, e vídeos dos temas e do ambiente que crearon, esperando que sexan do seu agrado. Van feitos co corazón.
Gracias, Tres Pesos, e ata a próxima!
Nos seguinte enlaces podedes ver os vídeos coas fotos e música de Tres Pesos gravada en directo na Cova da Moura:
TRES PESOS
TRES PESOS na Cova da Moura II- Alén
TRES PESOS na Cova da Moura III
TRES PESOS na Cova da Moura IV
TRES PESOS na Cova da Moura V- Pasodoble do Barro
TRES PESOS na Cova da Moura VI
TRES PESOS na Cova da Moura VII
TRES PESOS na Cova da Moura VIII
TRES PESOS na Cova da Moura IX